2. Instalando os Sistemas Operativos
Cando instalas os SOs, asegúrate de que todos son instalados en
particións arrancables. Eu instalei ámbolos Windows 95 e
Windows NT en particións FAT16, se decides utilizar FAT32 para 95
e NTFS para NT, comproba que a túa versión de Linux soporta
os dous, e en caso afirmativo ata qué punto.
2.1 Instalando Windows 95
Instala Windows 95 no disco primario. Este aparecerá como C:. Lémbrate
de crear o disco de arranque cando a opción sexa ofrecida.
Descubrín que é mellor que o disco co Linux sexa desconectado
ao instalar o Windows 95, así nunca será detectado e non
existirá para o que o 95 concerne.
Neste punto, se todo foi ben, serás capaz de arrancar o Windows
95.
2.2 Instalando Windows NT 4.0
Instálao no disco secundario. Cando crees a partición nesta
unidade, faina arrancable. Non tódalas versións do Linux
soportan NTFS, polo tanto creei unha partición FAT16, simplemente
para estar seguro e porque quería intercambiar ficheiros entre as
unidades de Windows.
Cando instalas Windows NT, este detecta a presencia do 95 e crea una
entrada para el no cargador do NT, deberás ver as segunites tres
entradas no menú do cargador:
Windows NT Workstation Version 4.00
Windows NT Workstation Version 4.00
Microsoft Windows
Neste punto deberías ser capaz de arrancar tanto en NT como no 95.
2.3 Instalando Linux
Instala Linux no terceiro disco. Cando eu o instalei, só tiña
o 95 instalado, polo tanto so engadín a partición do 95 ao
LILO.
Podes facer tódalas entradas para cada un dos SO cando instalas
o LILO, ou editar o ficheiro de configuración máis
tarde. De todas maneiras, mostrarei como debería ser o /etc/lilo.conf
na seguinte sección. Unha vez Linux estea instalado, deberías
ser capaz de arrancar o Linux.